As fogueiras

fogueiraAs fogueiras de San Xoán

A fogueira de San Xoán, e por extensión a de San Pedro, costume esta última cáseque extinguida, simbolizan o astro solar. Os curros de nonos e nonas cantando e choutando ó seu redor, semellan unha inmolación. O último día era obrigatorio carrexar loureiro para enterralo, afincalo e ir estribándolle a broza por todas partes . Logo de quedar firme pendurábanselle cartuchos de papel cheos de xofre.

A hora de prenderlle lume era todo un ritual. Nunha pequena fogueira a parte concéntranse tódolos rapaces que traballaron. Dictan normas xerarquizadas chegando incluso a acaloradas discusións para elixir o “xefe” . Unhas veces era escollido por méritos de participación, e as máis porque era un verdadeiro líder. Chegado o momento prendían os fachos e o “xefe” era o primeiro en lle plantar, logo, o resto da rapazada secundao respectando a escala xerárquica e outras veces facíanno de forma desordeada. Cando o lume toma corpo os loureiros comezan a fumegar e a soar no ar un agradable e continuo desacorde de estralazos, como se procuraran facer fuxi-los seres agoreiros.

As labaradas alcanzan e queiman os cartuchos de xofre deixando cair raioliñas de múltiples cores. ¡Qué espectáculo!. Nenos e nenas, mozos e mozas, cantaban e brincaban o redor bébedos pola delicia do resplandor da fogueira e desafiando a calor que dela se despedia, e que fai recuar aos maiores. Habíaquen se sentaba a carón da fogueira para formular un desexo. A medida que o lume da cacharela vai minguando, avívase con broza da reservada. No caso de ser moita, sempre se deixaba algunha para a de San Pedro.

Actualmente o loureiro é sustituido por un pau alto ó que se lle pendura un moneco e vaise a pedir polas casas leña, móveis vellos, caixas de frutas e cartos para gasolina e petardos. A madeira recollida apíñase ó pau como si fora un palleiro.

Xa esmorecida a fogueira, os valentes tentaban cruza-los braseiros en carreiras, chimpos, ou utilizando os taboleiros para non queimarse. Antigamente facíase o mesmo, pero co propósito de cura-las aireadas, fuxi-las bruxas, saca-lo diaño do corpo, curar mal de ollo e como se dicía “Sálvame lume de San xoan, para que non me trabe cadela nin can”.

Tamén había quen queimaba unha peza de roupa persoal para evitar que non fora poseída pola bruxas. Hoxe, o salta-lo braseiro non deixa de ser un acto de valentia e temeridade. Xeralmente estas normas estaban arraigadas en expresións espirituais e curativas.

Tampouco é descartable darlle algún contido gastrónomico. Estamos na época da recolleita da pataca e había quen as botaba, sen pelar, nun recuncho da fogueira. Sen deixarse queimar, os cachelos comíanse quentes. E tampouco debe esquecerse o refrán popular que di “Polo San Xoán a sardiña pinga no pan”, de millo por suposto, e se ían acompañadas dunhas fechas do viñoo de a rente a parede, !mellor que mellor.! Logo os cantos, bailes, pandeiretas, gaitas e acordeóns. A festa estaba servida.Agora estendeuse o senso gastronómico e é fácil contemplar ós veciños asar mexilóns, chinchos, sardiñas, chourizos, e inclusive facer unha churrascada. Para rematar unha queimada.

Fonte:

http://galicia.swred.com/festa_de_san_xoan.htm#A%20FOGUEIRA

Vídeo:

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s