Unha de empanada!

masaA empanada galega, tradición ancestral
 
Aínda que poderiamos contarvos moitas anécdotas deste ancestral prato galego, gustaríanos compartir convosco varias reflexións dun dos nosos escritores que se converteu nun dos mellores embaixadores da nosa gastronomía, Álvaro Cunqueiro: “Galicia é o país das empanadas”, “entre nós ensaiamos empanadas con case todo”, “non hai festa sen empanada” e, por último, “ao carácter do galego, vanlle as empanadas” xa que somos como unha caixa de sorpresas. Pouco queda por dicir despois destas grandes sentenzas.
Pode que antano se asociase a empanada con comida de pobres, xa que as facían tradicionalmente cos restos das comidas. Pero nada máis lonxe da realidade, pois a súa importancia e a súa fama eran tales que mesmo podemos observala no noso patrimonio arquitectónico: probade a atopala no Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela ou nalgún capitel do Pazo de Xelmírez, no mesmo centro histórico da cidade.
A empanada era a comida que se levaban viaxeiros e peregrinos durante as súas aventuras polos camiños de Galicia, xa que ao ter a súa tapa, ao poder comerse fría e ao poder ser de tantos recheos distintos era ideal para levar a calquera sitio! Onde nunca faltou nin falta hoxe en día a empanada é nas festas e romarías galegas. Familias e amigos saen ao campo a pasar o día ao aire libre en torno aos santuarios e sobre o seu mantel non falta xamais unha ou varias empanadas.
As empanadas, como as cores, hainas para todos os gustos. Dependendo da zona de Galicia onde vos encontredes, saborearedes empanadas de diversas sabores e formas. A fariña pode ser de trigo ou de millo e o recheo pode ser de case todo o que imaxinedes! Hainas de polbo, de bonito, de bacallau con pasas, de xoubas, de zamburiñas, de vieiras, de berberechos (ollo! nalgún lugar de Galicia encontrarédesvolos coas súas cunchas dentro da propia empanada!), de mexillóns, de chocos, de anguías, de lamprea, de congro, de raxo, de zorza, de coello, etcétera. O que nunca faltará nunha empanada será a súa masa (aceite, fariña, masa nai ovo, sal, leite) e a súa farsa (ingredientes que acompañan o produto principal do recheo da empanada: aceite, pementón, sal, cebola, pemento vermello, loureiro, allo, viño branco).
Hai quen di que “o segredo está na masa”, o cal podería ser certo, pero do que non hai dúbida é que unha empanada non sería nada sen os fantásticos produtos galegos que nos dan noso mar e a nosa terra.
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s